271218 Ruta do río Loio
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Paradela (Lugo)
PUNTO DE PARTIDA: Paradela (580 m)
ACCESO: Desde Nadela pola estrada AG-22 ata a saída 24 dirección Sarria – Paradela. Logo coller a LU-633 ata Paradela.
HORARIO: 3/4 h DESNIVEL: 90 m de subidas / 320 m de baixadas
DISTANCIA: 9 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Remate da ruta (320 m) COTA MÁXIMA: Paradela (590 m)
MAPA: I.G.N. – 123 – II
SINOPSE: Esta rota, que discorre preto do Camiño de
Santiago, cruza zonas cunha importante mostra de bosque autóctono xunto a
ribeira do río Loio. Podemos atopar pontes e muíños tradicionais dentro da
rota, como o muíño e ponte da Retorta, ou seguindo unhas pequenas derivacións,
como o agochado muíño de Pías.
A
senda esténdese por bosques e montes que antano foron cultivados, polo que
constantemente veremos restos de camiños de carros e de muros dos lindes das
fincas. Soutos e carballeiras mestúranse cos bidueiros e ameneiros para
protexer o río no fondo do val.
En Loio unha derivación achégase ata as ruínas do mosteiro de Santa María de Loio, case esquecido na fondura do bosque. Dende Loio, a rota segue unha pista asfaltada ata a ponte da Ribeira do Loio, xunto o encoro de Belesar, onde finaliza o percorrido
Preto do remate de la ruta atópase a poboación de Portomarín. Antes do ano 1962 este lugar situábase ladeira abaixo, pero con a construción do encoro de Belesar o nivel da auga subiu e varios edificios foron transportados pedra a pedra ata a súa ubicación actual. É recomendable unha visita, especialmente a súa igrexa de San Xoán de Portomarín do século X.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina na rúa que vai á piscina municipal. En cartel indica o comezo da ruta, por onde baixamos camiño a Ruxidoira situada xunto ao restaurado Muíño do Cabo.
Por unha ponte cruzamos o río con o son da auga que cae da fervenza, que podemos ver desde a Ponte da Fervenza. Avanzamos nun entorno fermoso, entre árbores e augas cristalinas.
Logo dun quilómetro e medio temos un cruce onde se xuntan tres camiños: o que levamos, o da entrada polo centro de saúde e o da entrada por Rodillón. Máis adiante uns metros, hai unha fonte situada a uns 150 metros da ruta á man esquerda.
Seguindo o carreiro pasamos preto do Muíño de Pías, situado a 150 m pola dereita baixando ata o río. De volta no carreiro, seguimos o camiño buscando o Loio, ata que o cruzamos pola Ponte da Retorta.
O camiño segue entre amendoeiras, salgueiros e carballos, ademais de acivros, ata chegar ao quilómetro 1,9 onde podemos ver un impoñente carballo milenario, xunto ao camiño.
Continuamos baixando cara ao río para chegar ao Muíño da Retorta logo de cruzar a ponte do Muíño da Retorta. Este é o máis grande dos muíños que hai na ruta, con catro pedras de moer. Alí tamén hai unha fervenza.
Despois de andar dous quilómetros e medio, entre prados e fincas antigas chegamos a unha encrucillada de camiños que nos levarían á aldea de Suar pero, continuamos polo carreiro da dereita cheo de encanto, que cruza fermosos bosques de castiñeiros ao son do río ata chegar á Ponte de Portocaneiro.
Si queremos, a douscentos metros pola esquerda, podemos visitar o Muíño de Sucastro. De volta na ruta, imos deixando detrás o Loio ata chegar a capela de San Berto en Portocaneiro. Pasada esta, acedemos a un fermoso corgo por escaleiras feitas na parede que nos levan a un novo camiño de carro con vistas ao fondo da ribeira e á aldea de Igón.
De novo volvemos á ruta para seguir ata o desvío que nos leva ao lugar das Ruínas do Mosteiro de Santa María de Loio, sitio onde se crea a Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago. Eran 12 cabaleiros que no ano 1170 fixeron un xuramento para protexer aos peregrinos dos asaltos dos infieis. Solo se conservan restos de edificacións e escaleiras, así como un sarcófago e a capela de Santa María de Loio, recentemente restaurada.
O derradeiro tramo da andaina leva ata a estrada LU-633 onde remata a ruta.
Si queremos podemos seguir ata Portomarín camiñando 4 km máis. Para iso na estrada onde remata a ruta, collemos a pista que vai Cortes camiñando por ela 600 m. Nese punto temos unha pista pola esquerda que a través de fincas de labor nos leva a Vilachá.
Nesta poboación entroncamos con o Camiño de Santiago, que seguimos ata Portomarín.