270717 Picos Carondio - Gargalois e Prado Roque

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Villayón – Eilao e Boal (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Castanedo (480 m) 

ACCESO: : A Villayón chégase pola estrada AS-25 que sae de Navia, logo seguimos a Valdedo e de aquí desviámonos a Castanedo. 

HORARIO: 6/7 h                           DESNIVEL: 1.000 m                      DISTANCIA: 17 km 

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular 

COTA MÍNIMA: Ponte de Barandón (460 m)     COTA MÁXIMA: Carondio (1.212 m) 

MAPAS: I.G.N. – 26 – III – 50 – I   

SINOPSE: O concello de Eilao limita ao leste con os de Villayón e Allande, pola liña de cimeiras da Serra de San Roque, na que están integrados os cumios de Cristaleira, Prado Roque e Gargalois, sendo este o cumio mais alto de Eilao. Cara o sueste sitúase o Carondio, separado dos anteriores pola bagoada de Entrevías, tamén chamado Entrerrios. Aquí concorren antigos camiños vaqueiros, agora arranxados en pistas de montaña que cruzan estas serras. Consérvanse tamén restos de monumentos megalíticos como o dolmen de Abades ou o de Entrevías que serviu como lugar de cultos e enterramentos fai miles de anos.

            Esta camiñada vai levarnos ao teitos dos concellos de Villayón, Eilao e Boal

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte da parte baixa da aldea de Castanedo, seguindo unha pista que baixa suavemente en dirección ao río Cabornel que cruzamos por una ponte (460 m) e comezar a subir cara á aldea de Barandón. O camiño fai varias voltas ata que chega á capela de San Xoán, situada á entrada da aldea onde tamén hai unha sinalización do Dolmen de Entrevías.

            A partir de aquí, o camiño de terra, sobe sen perda os 2,8 km ata o lugar onde se atopa o dolmen (925 m). Unha vez neste cimbro seguimos en dirección leste camiño do pico Carondio (1.212 m) teito de Villayón. Camiñamos agora por zonas de pasto e mato baixo sempre con o cume á nosa fronte ao que chegamos ao seu vértice xeodésico a altitude de 1.212 m.

            A volta facémola polo mesmo camiño ata o dolmen. Agora seguimos de fronte polo cimbro pasando pola Llastra da Filadoira (960 m) cara ao Collado Campellín (927 m). O carreiro vai achegado a liña divisoria dos concellos de Villayón e Eilao xirando en dirección norte ata o cume do pico Gargalois (1.166 m), sendo o teito do concello de Eilao.

            A camiñada agora vai en dirección norte baixando ao Collado Prado Roque (1.084 m) e dende este, na mesma dirección seguimos en lixeira subida ata o pico Prado Roque (1.117 m) sendo este o teito máis alto do concello de Boal.

            Desde este modesto cume, volvemos ata a bagoada anterior e comezamos a baixar primeiro monte a través chegando axiña a unha pista que podemos ver máis abaixo. Seguindo esta pista chegaremos sen ningún problema ao punto de saída en Castanedo onde rematamos esta andaina.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau