270613 Peña Ten desde La Uña

Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán 

 

SITUACIÓN: Parque Rexional de Montaña de Riaño e Mampodre

Concellos: Burón e Acebedo (León) – Ponga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Fonte Turiente - La Uña (1.200 m) 

ACCESO: Por Langreo, subir o porto de Tarna. A saída está a 8 km do porto de Tarna. 

HORARIO: 6/7 h                 DESNIVEL: 1.000 m                      DISTANCIA: 16,5 km 

DIFICULTADE: Alta            TIPO DE RUTA: Circular 

COTA MÍNIMA: Fonte Turriente (1.200 m)       COTA MÁXIMA: Peña Ten (2.142 m) 

MAPAS: I.G.N. – 80 – I – III 

SINOPSE: Peña Ten é unha impoñente montaña da Cordilleira Cantábrica. A súa cara sureste posúe tres circos glaciares extinguidos. O cume está situado ao suroeste de Picos de Europa, a cabalo entre o asturiano Parque Natural de Ponga polo norte, e a Montaña de Riaño e Mampodre  ao sueste. A camiñada discorre, aproximadamente un 90% por territorio leonés e un 10% en territorio asturiano. 

DESCRICIÓN DA RUTA: A poucos metros da fonte en dirección a La Uña, sae unha pista á man esquerda que é o Camiño de Ventaniella. Cruzamos o recente nacido río Esla por unha pequena ponte para seguir o Camiño de Ventaniella desde o cal, axiña vemos de fronte a Peña del Castillo, que rodearemos polo oeste. Antes de chegar a esta pena temos unha cancela que deixaremos pechada.

            Seguimos pola pista con o río á nosa esquerda cando chegamos á altura dun dos moitos regos afluentes o rego de Corvas que vadeamos para deixar a pista collendo á dereita cara ao Alto del Puerto de la Horcada por onde pasaremos, primeiro pola Majada de Lario, un refuxio libre e perfecto estado, e a continuación pola Majada de Polvoredo, neste caso a cabana está pechada.

            Desde aquí seguimos pola Senda de El Cantil chegando aos primeiros riscos que baixan da montaña. Pasado este risco chegamos as Pedrices de Peña Ten, unha espectacular canle que desemboca nas Corvas pola súa ladeira dereita na que iremos subindo ata a cota de 1.950 m desde onde temos as primeiras vistas da crista cara ao cume de Peña Ten. Por carreiro marcado seguimos subindo en dirección nordeste ata acadar o cume de Peña Ten.

            Agora toca contemplar o que nos rodea. Mirando ao sur temos as montañas de Riaño, destacando o macizo de Mampodre, ao leste a Sierra de Mongayo, ao norte e enfronte, Peña Pileñes; cara ao noroeste a parte central de Picos de Europa e ao oeste Fuentes Carrionas, na Montaña Palentina.

            Seguimos a crista da montaña en dirección nordeste comezando a baixar para entrar en Asturias no territorio de Ponga. Despois de 600 m acadamos un cume secundario a partir do cal comeza a baixada xirando pouco despois á dereita por unha pedreira que nos deposita na zona de La Vegadona por carreiros pouco definidos.

            Pasamos xunto a un gran fito de pedras onde logo temos unha primeira canle por onde baixamos ata que aparece unha segunda canle, pola que non baixamos senón que baixaremos por un carreiro que hai á dereita que nos levará directos ao val de La Fonfría. Aquí collemos o camiño que ven de Arcenorio para cruzar polo Collado Mascaredo.

            Esta pista vai levarnos por todo o Valle de Carcedo ata os Campos de María, no primeiro tramo da baixada polo val do río Carcedo que levamos á nosa esquerda. Máis adiante cruzamos por unha ponte desde a cal, o río irá sempre pola nosa dereita. Mentres tanto, pasamos xunto á fonte de Aguzabrero, que soe ter auga todo o ano.

            Ao chegar á altura da Majada de los Campos de María, deixamos a pista e collemos un desvío á dereita xa que o camiño que segue de fronte vai a Polvoredo, encontrando carteis indicativos cara a La Uña.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau