270613 Faial de Valdosín

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Parque Rexional da Montaña de Riaño e Mampodre

Concellos: Burón e Acebedo (León)

PUNTO DE PARTIDA: Fonte Turiente - La Uña (1.200 m)

ACCESO: Pola estrada CL – 635 que vai do Porto de Tarna a Riaño 

HORARIO: 3/4 h                            DESNIVEL: 350 m                          DISTANCIA: 10 km 

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular 

COTA MÍNIMA: La Uña (1.183 m)     COTA MÁXIMA: Cabana de Vaquerín (1.470 m) 

MAPA: I.G.N. – 80 – III 

SINOPSE: Os elementos de interese desta ruta son o bosque mixto de Valdosín, as turbeiras a Faiona e os cinco refuxios xunto aos que imos pasar. Tamén teremos bos vistas de Peña Ten, o macizo de Mampodre e as veigas do río Esla así como as formadas polos regos da Horcada e Carcedo na baixada. 

DESCRICIÓN DA RUTA: A poucos metros da fonte Turiente en dirección a La Uña, sae unha pista á man esquerda que é o Camiño de Ventaniella. Cruzamos o recente nacido río Esla por unha pequena ponte para seguir o Camiño de Ventaniella desde o cal, axiña vemos de fronte a Peña del Castillo, que rodearemos polo oeste. Antes de chegar a esta pena temos unha cancela que deixaremos pechada.

            Seguimos pola pista con o río á nosa esquerda cando chegamos á altura dun dos moitos regos afluentes o rego de Corvas que vadeamos para deixar a pista collendo á dereita cara ao Alto del Puerto de la Horcada por onde pasaremos, primeiro pola Majada de Lario, un refuxio libre e perfecto estado, e a continuación pola Majada de Polvoredo, neste caso a cabana está pechada.    

        Seguimos camiñando en dirección leste achegándonos ao rego de Las Corvas que temos que atravesar. Máis adiante temos que superar unha cerrume de arames e seguimos subindo agora en dirección sur deixando a gran mole de Peña Ten á nosa esquerda.

        O camiño vai entre carballos centenarios ata a cabana de Vaquerín (1.470 m) arrimados á pena que temos á nosa esquerda e pasa polo Collado Valdosín (1.457 m). A partir deste punto aparece unha pista pola que baixamos atravesando o rego da Horcada, Máis abaixo pasamos unhas turbeiras e xunto ao albergue de gando de San Rábide e máis abaixo o refuxio do mesmo nome.

            A pista de bo andar baixa entre monte raso e praderías ata o río Esla que cruzamos por unha ponte para entrar en La Uña. Solo nos queda un pequeno tramo pola estrada asfaltada para chegar a onde comezamos a andaina.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau