270612 Vales de Mirva e Rabanal
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Burón (León)
PUNTO DE PARTIDA: Burón (1.120 m)
ACCESO: Pola estrada CL – 635 que vai do Porto de Tarna a Riaño
HORARIO: 4/5 h DESNIVEL: 400 m DISTANCIA: 13 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Burón (1.120 m) COTA MÁXIMA: Prau Llau (1.430 m)
MAPA: I.G.N. – 80 – III
SINOPSE: Fermoso e sinxelo trazado para percorre dou dos vales máis espectaculares da Montaña Oriental Leonesa, o val de Mirva e o val de Rabanal. Faiales espectaculares e unhas vistas desde Prau Llao espectaculares. Un percorrido perfecto con numerosos alicientes durante toda a ruta. En definitiva, unha circular fermosa percorrendo os bosques de Burón.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Burón polas rúas da parte sur da poboación en dirección oeste ata a estrada pola que camiñamos un tramo ata o primeiro desvío que aparece pola dereita. Hai un pequeno aparcadoiro e unha sinal da Ruta do Colesterol.
Á vista temos a área recreativa de Mirva onde tamén temos un cartel informativo da ruta que nos ocupa. Detrás da área recreativa segue o camiño ao largo do val. Axiña nos internamos ao longo do Val de Mirva, de forte tradición gandeira.
O sitio é espectacular, e se miramos cara atrás teremos boas vistas. Ao fondo vemos o bosque que ocupa o val, polo que seguimos sen coller desvíos ata chegar á fonte do Arco (1.143 m), na que podemos coller auga.
O camiño segue en suave ascenso e sen complicación algunha, sempre cara ao norte. As vistas dos bosques que nos rodean son fermosas. Pola esquerda aparece un pequeno refuxio onde seguimos polo ramal da dereita cruzando o rego de Mirva por unha curiosa ponte.
Un pouco máis adiante aparece outro desvío no que seguimos polo ramal da dereita mentres o val se vai encaixando para entrar no bosque. O camiño, sen perda, entra nun fermoso faial para saír a unha pequena campeira, onde atopamos unha bifurcación. Pola esquerda vai a Ruta do Colesterol e nosoutros seguimos de fronte a Ruta do Val de Mirva.
A partir deste lugar, o camiño gaña pendente, volvendo a meterse no faial, aínda que, no comezo o principal atractivo son dous espectaculares carballos. Atravesando este bosque o camiño fai varios zigzags, con o fin de subir máis comodamente. Máis arriba o camiño xira á dereita entrando no último tramo do Val de Mirva, unha das partes máis espectaculares do recorrido. Aparece unha curiosa faia retorcida e tamén un carballo centenario con porte e fiestra.
Saímos do faial aparecendo o lugar de Prao LLao un claro no que hai un cruce de camiños, collemos á dereita subindo un pouco achegados ao bosque xunto ao que hai unha caseta de avistamento, ata un paso (1.430 m), desde o que temos unhas boas vistas dos Picos de Europa.
Camiñamos en dirección leste, atravesando un fermoso faial, ata atopar a bifurcación que vai á aldea de Retuerto. Neste cruce sinalizado (1.320 m), seguimos o ramal da dereita que é o que nos vai levar a polo Val de Rabanal.
O camiño sobe suavemente un tramo ata a seguinte bifurcación, onde collemos o ramal da dereita. Agora temos unha baixada bastante pendente que zigzaguea polo faial abaixo seguramente por un tramo do máis fermoso da ruta.
Rematada e acusada pendente, vamos saíndo do bosque cara ao Val de Rabanal. Temos varios desvíos e pasamos xunto a unha caseta refuxio por camiño claro é evidente. Agora estamos na derradeira parte da ruta, recorrendo o Val de Rabanal cunha grande tradición gandeira.
O val é digno de admirar, desde o que aparece o pico Yordas, unha montaña espectacular da Serra de Riaño. Pasamos xunto a unha fonte e rematado o val, chegamos á altura da estrada onde hai un cartel informativo sobre a ruta dos Vales de Mirva e Rabanal. Uns metros máis adiante cruzamos a estrada para entrar en Burón onde agarda o autobús.