270515 Poncebos - Canal de La Raya - Canal de Culiembro - Poncebos

 Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán

 

SITUACIÓN: Cabrales (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Poncebos (220 m) 

ACCESO: Desde a A – 6 coller a saída 303 cara a Posada de Llanes pola AS – 115 ata o Alto de Ortiguero onde collemos a AS – 114 a Arenas de Cabrales. No centro da poboación sae a estrada AS – 264 que vai a Poncebos e Sotres. 

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 850 m              DISTANCIA: 16 km 

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular 

COTA MÍNIMA: Poncebos (220m)         COTA MÁXIMA: Majada de Ostón (1.000 m) 

MAPAS: I.G.N. – 55 – IV – 56 – I 

SINOPSE: A famosa Ruta do Cares é coñecida por todo o mundo pero a subida pola Canal de la Raya xa non o é tanto. Subida con carreiro difuso en tramos pero que unha vez na Majada de Ostón con o seu emprazamento e as vista que ofrece fai esquecer todo o esforzo anterior. 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Poncebos, e en vez de subir polo camiño normal cara aos Collaos, facémolo seguindo a antiga e desaconsellada ruta que vai moito máis abaixo, a pouca altura do Cares. Este carreiro remata na Canal del Escaleru onde temos que subir para acceder á ruta normal.

            Unha vez arriba, seguimos en dirección a Caín por ancho camiño pasando varios túneles e o casetón de Saigu logo do cal damos vista á Canal de la Raya. No lugar de La Viña comeza pola dereita a ascensión desta canle gañando altura rapidamente aínda que a pendente non é excesiva. A canle tende a estreitarse cun pequeno e intransitable bosque na parte alta polo que, collemos un desvío á esquerda para ir cara ao monte Ardinal. Posiblemente sexa este un dos tramos máis fermosos; se volvemos a vista atrás podemos contemplar no fondo a Canal do Cares é do outro lado a Canal de Sabugo que sobe aos prados de Amuesa, un bo sitio para descansar antes de seguir cara ao monte Ardinal.

            Seguimos subindo ata unha zona de árbores por carreiro moi difuso e logo da última encosta abandonamos a canle xirando á esquerda para entrar nos prados de Ostón.

            A Majada de Ostón está situada a 1.000 m de altura, conserva cabanas e cerrumes de prados con paredes de pedra. O gando pace tranquilamente neste lugar idílico que posúe unha pena á que si subimos, amosaranos unhas vistas do Cares que quitan o alento.

            Atravesamos a braña en dirección suroeste ir ao comezo da Canal de Culiembro onde baixamos primeiro por camiño armado e logo con varios zigzags que nos van baixando ata a fonte Gonzomera, xa moi preto da Ruta do Cares.

            Unha vez abaixo, solo temos que seguir a andaina cara a Poncebos para rematar esta fermosa camiñada.

 

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau