270325 Puerto de Béjar - Baños de Montemayor - Hervás
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Valle de Ambroz
Concellos: Puerto de Bejar (Salamanca) La Garganta e Hervás (Cáceres)
PUNTO DE PARTIDA: Puerto de Béjar (940 m)
ACCESO: Pola autoestrada A – 66 que une Salamanca con Cáceres, collendo a saída 424.
HORARIO: 4 h DESNIVEIS: 135 m de subidas / 400 m de baixadas
DISTANCIA: 14 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Ponte Fuente Fría (650 m) COTA MÁXIMA: Puerto de Béjar (940 m)
MAPAS: I.G.N. – 553 – III – 575 – II – 576 – I
SINOPSE: En decembro de 1985 chegaba á estación de ferrocarril de Béjar o último tren de pasaxeiros. Un ano máis tarde, en agosto de 1986, pasaba o último tren de mercancías. Na actualidade os camiñantes e amantes das bicicletas de montaña substituíron o ruído das locomotoras.
Seguindo as pegadas do Ferrocarril Astorga – Plasencia, máis coñecido como o ferrocarril Vía de la Plata, que nos ofrece un camiño para gozar dos espectaculares lugares como a Paisaxe Protexida Castañar Gallego na localidade de Hervás ou a través da fermosa paisaxe que discorre a media ladeira pola abas da Serra de Béjar, declarada Reserva da Biosfera.
DESCRICIÓN DA RUTA: Entramos en Puerto de Béjar pola Calle Mayor, xirando pouco despois á esquerda para pasar diante da igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e a casa do Concello. Un pouco máis adiante, seguimos subindo pola estrada que vai a La Garganta ata unha curva pronunciada onde se sitúan os depósitos de auga.
Neste punto, deixamos a estrada para coller á dereita o camiño da Ruta de Los Castaños onde no seu remate entronca con a vía verde do tren pola que seguimos camiño de Baños de Montemayor.
Antes deste lugar temos un túnel con iluminación fotovoltaica, e logo de saír do mesmo temos accesos a Baños de Montemayor si queremos facerlle unha visita.
A camiñada segue pola vía verde pasando xunto á antiga estación de tren de Baños de Montemayor, dando vistas ao Val de Ambroz, e sen ningunha dificultade chegamos ao río onde xiramos á dereita para ir paralelo ao río Ambroz que nos amosa fermosas vistas do Barrio Xudeo entrando logo pola ponte de La Fuente Fría, atravesamos o Barrio Xudeo e subindo pola Calle Abajo ata o parque.