090215 De Abadín a Vilalba polo camiño de Santiago

Enlaces a: wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

 

SITUACIÓN: Concellos de Abadín e Vilalba (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Abadín (500 m)

ACCESO: Abadín está situado xunto a estrada nacional 634

HORARIO: 4/5 horas      DESNIVEL: Inapreciable    DISTANCIA: 20,5 km

DIFICULTADE: Baixa     TIPO DE ROTA: Travesía   MAPAS: I.G.N. 24 – III – 23 – IV – 47 – II

SINOPSE: O itinerario transcorre a unha altura entre 400 e 500 metros, case sen desniveis. O camiño caracterízase por descorrer entre praderías principalmente, moitas delas cerradas con laxas postas de pé, e algunhas carballeiras, atravesando dous ríos por unha ponte de madeira e outra de pedra.

DESCRICIÓN DA ROTA: Todo o percorrido está sinalado coas marcas do Camiño de Santiago, polo que é imposible perderse.

    A saída de Abadín, xunto a oficina de correos, marca o comezo deste percorrido de moi fácil andar. Vamos por unha ancha pista ata coller un camiño a man dereita que se interna entre carballos cruzando máis tarde o río Abadín por unha ponte de madeira.

    Despois dunha pequena subida chegamos a unha pista asfaltada con rectas prolongadas que se vai alternando con algún camiño máis sombrío ata a aldea de Martiñán. Aquí temos que cruzar a estrada N – 634 para máis tarde atravesar o río Batán pola Ponte Vella de Martiñán, unha ponte característica da Terra Chá.

    Este lugar ten un encanto especial que invita ao camiñante a facer unha parada xunto a área recreativa que existe neste lugar escoitando o murmuro da auga no medio do frondoso bosque de ribeira.

    O camiño con grandes tramos rectos, vai paralelo a estrada onde a cruzamos a altura de Goiriz, tendo que camiñar por ela uns 100 metros ata que o camiño sae a dereita, man que non abandona ata Vilalba.

    Temos que por especial atención ao atravesar as obras da autoestrada, para atopar ao outro lado o camiño.

    Unha vez que chegamos ao polígono de Vilalba, temos que desandar un pequeno traxecto pola beira da estrada N – 634 ata o restaurante Montero, onde nos agarda o autobús.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau