11 04 22 Nacemento do rio Oropesa (Pradoluengo) Burgos
VER PUNTO DE SAÍDA | VER TRAZADO DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELÁN |
SITUACIÓN: Pradoluengo (Burgos)
PUNTO DE PARTIDA: Pradoluengo (960 m)
ACCESO: Dende Burgos pola estrada N – 120 ata Ibeas de Juarros e logo pola BU – P - 8101. Distancia dende Burgos 45 km.
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 560 m DISTANCIA: 13 km
DIFICULTADE: Baixa / Media TIPO DE RUTA: Circular
MAPAS I.G.N. – 239 – II – 240 – I
SINOPSE: Na cara norte da Serra da Demanda, dentro dun estreito val atópase a vila de Pradoluengo, coñecida tamén pola manufactura de baetas, panos, calcetíns e puchas. Esta ruta ofrece un gran interese sobre arquitectura popular, con maior número nas poboacións veciñas ao val de San Vicente. Arquitectura indiana mestúrase con edificios públicos moi antigos e da industria tradicional. Existen amplos bosques de piñeiros e faias.
DESCRICIÓN DA RUTA: o río Oropesa ou de Pradoluengo será o noso compañeiro de viaxe desta sinxela camiñada. Saímos da vila de Pradoluengo (960 m), por estrada asfaltada cara a praza de touros, situada ao sureste nas aforas do lugar, levando o río á nosa dereita.
Despois dun quilómetro aproximadamente, deixamos o asfalto para coller un camiño que sae á nosa dereita onde aparece unha ponte e unha área recreativa. Logo, a partir de aquí, o camiño cruza sucesivamente o leito do río pasando zonas de abundante asolagamento en épocas de choivas.
As ladeiras que temos a ambos lados está cubertas de grandes masas de piñeiros e sobre todo faias, onde abundan os corzos, cervos, lobos e xabarís entre os mamíferos e bexatos, aguias, e cucos entre as aves. Tamén existen nestas latitudes outros animais como o raposo ou o esquío.
Paso a paso, o val vaise estreitando polo que , gaña en espectacularidade ao que contribúe sen dúbida as masas de faias que imos atopando. Logo despois dunha leve subida chegamos ao nacemento do río, no medio dun extenso e ben conservado faial, do que emergullan augas frías e limpas, en plena serra de San Antonio e debaixo do cume de Remendía.
A volta, facémola polo mesmo camiño ata que xurde un camiño á nosa esquerda que traza o seu percorrido polo medio da ladeira no medio dun grande piñeiral.
Dende a posición alta que agora temos, podemos gozar dunha completa panorámica do val ata o mesmo Pradoluengo.