16 08 30 Pico de Aneto

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Benasque (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Coronas (1.894 m)

ACCESO: Desde Benasque ou dese o Plan de Senarta, no verán, solo camiñando ou no Autobús de las Nubes. A distancia desde o Plan de Senarta ata o refuxio de  Coronas son uns sete quilómetros.

HORARIO: 8 / 10 horas                 

DESNIVÉIS: 1.400 m de subida / 1.600 m de baixada                       

DISTANCIA: 14 km    DIFICULTADE:Alta   TIPO DE RUTA: Travesía      

MAPA: I.G.N. – 180 II

COTA MÍNIMA: Refuxio de Coronas (1.894 m)         

COTA MÁXIMA: Pico de Aneto (3.404 m)

 

SINOPSE: No Plan de Senarta (1.400 m) collemos o Autobús de las Nubes que nos subirá polo Vall de Vallibierna ata o refuxio de Coronas (1.894 m). Logo desde La Besurta (1.898 m) volveremos a coller o bus para baixar ata o Plan de Senarta.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada xunto ao refuxio de Coronas por sendeiro ben sinalizado que nos introduce en dirección norte polo Vall de Coronas. En subida constante imos progresando sobre rochas sen maiores dificultades.

            Chegamos ao Ibonet de Coronas e seguimos subindo ata a plataforma onde se atopan os Ibones de Coronas. Desde este lugar xa podemos ver perfectamente o Aneto, o Paso de Mahoma o comezo do Corredor Estasen e o Collado de Coronas que é cara a onde debemos dirixirnos.

            O camiño de subida faise bordeando o lago pola súa dereita e logo avanzando pola esquerda da vertical do Collado de Coronas. Temos que superar, obrigatoriamente, dúas palas transversais de neve, o que nos obriga a por os crampóns.

            Logo de saír da segunda pala comeza unha curta trepada, con algún paso de (I+), que rapidamente nos deixa do Collado de Coronas (3.208 m). Volvendo a vista atrás percíbese a sensación de certa verticalidade, que non reviste perigo si a rocha está seca. A chegada ao cimbro é un momento especial do día. Damos vista á outra vertente e o espectacular, aínda, glaciar do Aneto. Volvemos a poñer os grampóns e seguimos a marcada pegada que deixan os innumerables montañeiros e montañeiras que por alí pasan na vía normal que ben do refuxio de La Renclusa.

Para chegar ao cume do Aneto, aínda temos que subir outros douscentos metros máis sobre rocha. Espéranos o famoso Paso de Mahoma, moitas veces atrancado de tanta xente que por alí pasa, que con tranquilidade e sen ningún problema superamos, cousas peores pasamos. Logo de superar este paso, o cume do Aneto está a tiro de pedra.

Unha gran cruz preside este cume, que manía con as cruces. Gozamos un anaco desde o cume con as vistas panorámicas cara a todas direccións volvendo logo a pasar polo Paso de Mahoma e baixando ata o Collado de Coronas.

Aquí temos dúas opcións. Podemos seguir o glaciar pola parte superior en dirección ao Portillín Superior para cruzar este cristeirío polo camiño normal ao refuxio de La Renclusa.

Outra opción é baixar polo glaciar cara ao Forau de Aigüalluts pasando polo Ibón del Salterillo chegando así a unha bifurcación. Pola dereita baixa un sendeiro ao Forao de Aigüalluts que logo segue pola Pileta de la Renclusa ata La Besurta. Desde a anterior bifurcación, pola esquerda subimos un pouco ata o Collado de la Renclusa (2.282 m) e logo seguimos ata o refuxio. Desde o refuxio baixamos a La Besurta por camiño moi trillado.