16 08 29 Pico Perdiguero

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

Subida por Vall de Lliterola, baixada polo Vall d´Estós

 

SITUACIÓN: Benasque (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Puente de Lliterola (1.600 m 

ACCESO: Pola estrada de Benasque a Hospital de Benasque. O aparcamento queda enfronte ao sendeiro de comezo da ruta.

HORARIO: 8/10 horas                  

DESNIVÉIS: 1.650 m de subida / 1.870 m de baixada           

DISTANCIA: 17 km  DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Circular           

MAPA: I.G.N. – 148 – III  

COTA MÍNIMA: Puente de Cubera (1.260 m)

COTA MÁXIMA: Perdiguero (3.221 m)

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Collemos o sendeiro que sae xusto enfronte do aparcadoiro e sobe gañando altura rapidamente ata chegar ao val aberto. Seguimos subindo, máis suavemente, ata atoparnos cunha parede rochosa que bordeamos pola dereita cara ao Turonet de Amorriador, continuando polo val ata pasar o desvío da cabana de pastores de Lliterola, que deixamos á nosa esquerda.

            Seguimos subindo por terrazas de herba pasando xunto a fervenzas e pozas ata chegar a unha estreitura onde o barranco se encaixa definitivamente ata acadar o Ibonet de Lliterola, fermoso lago encravado entre grandes paredes montañosas e, desde onde comeza a subida cara ao Ibón Blanco.

            Logo de cruzar con grampóns o barranco, si existe aínda o neveiro, chegamos ao lago nunha hora máis ou menos. Neste paraxe de  grande beleza só se respira o silencio. Desde aquí comezamos o ascenso pola enorme e larguísima crista de bloques de pedra que nos levará ao cume. A subida complicase debido a dificultade de atopar as sinais que indican a ruta a seguir, o enorme desnivel e a lonxitude do traxecto.

            Logo de pasar polo falso cume do Hito Perdiguero solo quedan cincuenta metros de desnivel para chegar ao verdadeiro pico que acadaremos con enorme satisfacción e con as forzas xa un pouco minguadas.

            As vistas desde este cume son impresionantes. Todos os grandes picos da zona quedan baixo a nosa vista, así como o Lac Du Portillón do lado francés que temos mesmo aos nosos pés.

            Logo da obrigada parada, volvemos sobre os nosos pasos en dirección ao Hito Perdiguero e o Ibón Blanco, solo que, en vez de volver polo lago collemos un sendeiro á dereita que nos leva ao Collado Ubago, deixando o pico Perdigueret á nosa esquerda para coller o Vall de Perdiguero.

            O sendeiro baixa vertixinosamente a través do val deixando o Ibonet de Perdiguero á nosa dereita. A partir da Pileta de Perdiguero o sendeiro faise máis suave na baixada do barranco ata chegar ao antigo posto militar de Estós.

            Neste cruce colleremos o sendeiro da esquerda, camiño de La Coma, pasando xunto á cabana – refuxio de La Coma. O camiño vai perdendo altura e logo dun amplo zigzag entronca co GR – 11 a altura da Palanca de la Ribera. Aquí seguimos o curso do río Estós sen perda ningunha ata a estrada xunto á Ponte Nova de San Chaime.