16 07 23/24 Valle de Ozania

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

1º día - 2º día

GALERÍA DE FOTOS

1º día - 2º día

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

Central de El Restaño – Valle de Ozania – Torre de la Cabra Blanca –

Vega Huerta – Los Moledizos – Vegabaño – Carombo – El Restaño

 

SITUACIÓN: Macizo Occidental de Picos de Europa

Amieva (Asturias) Sajambre (León)

PUNTO DE PARTIDA: Central eléctrica de El Restaño.

ACCESO: Desde Cangas de Onís pola estrada N – 625 ata Ceneya onde nos desviamos á esquerda cara a Amieva. A entrada do lugar sae unha pista pola dereita que nos leva ao Collado Cueto de Angón e a central de El Restaño.

HORARIO: 20 horas (dous días)             DESNIVEL:            

DISTANCIA:

DIFICULTADE: Alta           TIPO DE RUTA: Circular 

MAPA: Macizo Central (El Cornión) de Miguel Angel Adrados

COTA MÍNIMA: Central de El Restaño (730 m)

COTA MÁXIMA: Torre de la Cabra Blanca (2.320 m)

SINOPSE: Desde Amieva, xa amosan os cumes máis altos do Cornión detrás do cimbro de Cueto de Angón pero é desde este cimbro cando podemos ver unha das panorámicas máis fermosas do macizo, contrastando os cumes de branca caliza con as praderías que se espallan baixo o cimbro no curso medio do Dobra.

            O instinto de escaladores dos pastores fixo que se abriran paso a través de pasos arriscados como son os Sedos de Ozania entre outros moitos que existen nos Picos de Europa.

 

DESCRICIÓN DA RUTA:

De El Restaño a Vega Huerta:

        Comezamos a camiñada desde a central pola pista que vai a presa de La Jocica ata un chan onde o val se divide. Seguimos pola esquerda cara ao Valle de Ozania tendo que pasar unha serie de barreiras rochosas a media altura que parecen cerra o paso. Imos polo fondo do val seguindo a canle do rego que pasa preto da fervenza de Fuente Prieta. Pola angosta canle chegamos aos sedos, tendo que superar pequenos resaltes pola esquerda, no sentido da marcha, e coa vexetación que en ocasións cerra o paso. Aparecen marcas amarelas que nos levan polo camiño correcto chegando así á primeira parede, case debaixo dela, xiramos á esquerda por unha inclinada rampla herbosa ata un pequeno bosque de avelairas que pasamos pola esquerda deixándonos ao pé do primeiro sedo.

            Atopamos os sedos ben marcados con pintura amarela, sendo dous os que temos que pasar, separados por pendentes prados. Pasado o primeiro saímos a outro avelanal agora con terreo máis fácil superamos o segundo sedo que sae a canle que atravesamos pola dereita, un pouco por debaixo da Cueva de Ozania.

            Seguimos ao largo da Canal de Ozania, sen maiores complicacións, que se vai abrindo ao entrar na zona alta do val, menos pendente pero onde domina o rochedo. Atopamos un pozo que pasamos pola súa dereita entrando xa na Cuesta de Cebolleda

            Neste lugar, xa un pouco máis despexado de rochas, soe haber gando pacendo ao que accede a traveso da Muda de Ozania, un cimbro que nos queda á nosa dereita. Subimos por terreo caótico tendo como referencia a Torrezuela e a Torre de la Cabra Blanca, entre as que se atopa a Boca del Hoyo de Pozas, ao que nos diriximos.

            A Boca del Hoyo de Pozas é un circo que presiden as Torres del Torco e a das Tres Marías, collendo a crista que separa o Hoyo de Pozas e La Sombrona comezamos o ascenso á Torre de la Cabra Blanca.

            Este airoso cume ao que se sobe pola característica cornixa que vai diagonalmente pola súa cara norte, a cal arranca no Hoyo de Pozas. Entramos por unha fenda con algún paso de IIIº, para continuar pola aresta con algún paso de IIº ata o cume.

            A baixada facémola pola vía normal, pasando por debaixo dos Estribos á Horcada de Pozas. Camiñamos a media ladeira para baixar ao Hoyo del Llastral, inicio dun labirinto de abundantes bloques de pedra. Seguimos unhas marcas amarelas que nos indican o camiño ata un cimbro no que o sendeiro segue pola campeira directo a Vega Huerta (2.043 m).

           

De Vega Huerta a Vegabaño, Carombo, La Jocica e El Restaño:

     Saímos de Vega Huerta en dirección sur, bordeando as Torres del Cotalbín pola súa dereita, nunha forte subida, para coller o Camino delBurro que nos levará, logo de varias subidas e baixadas ao Collado del Burro (2.128 m), deixando á nosa esquerda os Hoyos del Caballo. Dende o Collado del Burro temos a opción, collendo un sendeiro cara ao leste de subir aos Moledizos (2.254 m).

Ás nosas costas queda Peña Santa dende que saímos de Vega Huerta, comezamos a baixar pola Canal del Perro entre os Moledizos e os Altos del Verde. Ao remate desta canle temos as praderías do Frade baixando pola lomba ata o Collado del Frade (1.840 m), situado na divisoria de augas vertentes dos vales de Valdeón pola esquerda e Sajambre pola dereita. Aos nosos pés temos o refuxio de El Frade.

            Continuamos o camiño para baixar á Horcada de Salambre, seguimos cara á esquerda para pasar polo Collado del Cueto (1.578 m) onde comeza o bosque de faias. O sendeiro baixa entre árbores pola Fuentina e La Fuentona pasando xunto ao Roblón de Cuesta Fría. Máis abaixo cruzamos o río por unha ponte seguindo a media altura ata a parte máis oriental de Vegabaño, logo dunha pequena subida.

            Xa vemos as cabanas e o refuxio no medio dun gran prado que ben daría para unha postal.

            Na saída de Vegabaño temos que dirixirnos pola pista que vai a Soto de Sajambre ata o remate dos prados. Neste punto deixamos a pista que vira á esquerda para seguir xunto a unhas cabanas pola dereita cara ao monte de El Escobaño. A pista segue sen apenas desniveis ata o Puerto de La Barcinera onde temos unha bifurcación. Collemos un sendeiro que baixa pola dereita con bastante pendente ata Carombo, fermoso lugar con as ruínas de algunha cabana. Cruzamos o río Dobra por unha ponte seguindo en dirección noroeste, levando a partir de aquí sempre o río á nosa esquerda. O sendeiro de fácil trazado lévanos a través do Peñón de los Sedos sendo un camiño espectacular ata o encoro de La Jocica. Desde aquí, arranca unha pista que baixa atravesando o monte de El Quileñu ata a central de El Restaño, lugar onde remata esta fantástica ruta.