19 08 10 Foz de Lumbier

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Comarca de Sangüesa (Navarra)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Lumbier (415 m)

ACCESO: Na autoestrada do Pirineo, collemos na saída 35 a NA – 150, estrada de Aoíz.

HORARIO: 2/3 h                              DESNIVEL: 350 m             DISTANCIA: 5, 5 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Aparcadoiro (415 m)      COTA MÁXIMA: Pista (600 m)

MAPA: I.G.N. – 174 – II

SINOPSE: Boitres leonados sobrevoan o cantil; enclave rochoso onde aniñan as aves; un río de frescas e limpas augas que talla nas rochas estreitos e caprichosos pasos; os restos dunha ponte que segundo a lenda foi construída con axuda do demo e dous túneles que atravesou o primeiro tren eléctrico de España.

            A espectacular xeoloxía e o illamento durante séculos axudaron a conservación dunha singular vexetación que poboa as escarpadas rochas servindo de morada a grandes rapaces.

            Unha excursión sinxela e moi fermosa que o mellor sería facela na primavera, outono e incluso inverno, non en pleno verán pero, non podemos desperdiciar a oportunidade aínda que pasemos algo de calor.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos subindo suavemente con a Cresta de la Trinidad diante de nós. Temos unha porta pola que pasamos deixándoa tal como a atopamos. No poste da porta está a sinal de liñas brancas e verdes do SL. Esta parte do carreiro é moi estreito pola invasión da vexetación.

            Logo de pasar esta zona de vexetación temos xirar á dereita xusto con a Cresta de  la Trinidad diante de nosoutros. Agora camiñamos por unha ancha pista sen sombra ningunha, paralelos a liña de alta tensión e logo duns 300 m xiramos novamente á dereita, deixamos a liña de alta tensión e comezamos a baixar.

            A pista pola que baixamos tamén e moi ancha e sen posibilidade de perda. Saímos desta pista pola que baixamos e novamente xiramos á dereita, o camiño está moi ben sinalizado e, de seguida vemos o río Irati.

            Deixamos a pista e comezamos a baixar por un carreiro, campo a través, a paisaxe cambia aparecendo de novo a cor verde.

            Logo do último tramo de baixada saímos á Via Verde de Irati. Camiñamos pouco máis de un quilómetro para chegar aos túneles. Un panel informativo danos información de interese.

            Do camiño principal sae un carreiro que vai ao Puente de Jesús, as ruínas que quedan del, un cartel advírtenos da perigosidade do acceso. Sería unha curta visita de ida e volta ao camiño principal.

            Na saída da foz temos os restos da ponte un solo arco que atravesaba o estreito a 15 m de altura. Foi usado polos peregrinos ata a súa destrución durante a Guerra da Independencia.

            De volta no camiño principal comezamos a pasar polos túneles do antigo tren, son dous de 190 m cada un. Saímos do primeiro e vemos as impoñentes paredes que se levantan a ambos lados da Foz de Lumbier.

            Dentro dos túneles non hai iluminación ningunha e no seu interior nótase moito o cambio de temperatura.

            Xusto antes de chegar ao aparcadoiro temos unha fonte de auga fresca que a bo seguro imos agradecer.