18 07 21 C. de Onís - Hoya de S. Vicente - Puente Dobra

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Cangas de Onís (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Cangas de Onís (80 m)

ACCESO: A Cangas de Onís chégase desde a autoestrada A – 8 saíndo en Ribadesella para coller en LLovio a N – 634 ata Arriondas. Desde aquí seguimos pola N – 625 ata Cangas de Onís.

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL:  670 m de subida / 650 m de baixada    

DISTANCIA: 14 km                        DIFICULTADE: Media     

TIPO DE RUTA: Travesía   MAPAS: I.G.N.- 31 – III – 55 – I

COTA MÍNIMA: Aparcadoiro de C. de Onís (80 m)   

COTA MÁXIMA: Miradoiro de Següenco (750 m)

SINOPSE: A maior parte do percorrido discorre por boas pistas de terra, tendo moi boas vistas desde o miradoiro de Següenco dos Macizos Central e Occidental dos Picos de Europa así como dos cordais costeiros do Sueve e Cuera.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcamento municipal e Canga de Onís cruzando o río Cueña e a estrada Avenida de Covadonga. Cruzamos a vila para subir en dirección ao cemiterio e o lugar chamado Llano del Cura, lugar idóneo para contemplar a vila de Cangas de Onís.

            Seguimos por pistas ata ao cimbro de Uñañes (465 m) desde onde se divisa o lugar de Nieda para seguir subindo cara a veiga de Uñañes (530 m). Nunha curva preto de Següenco collemos á dereita para subir cara ao sur, directamente ao miradoiro de Següenco (750 m), punto máis alto desta ruta.

            Este é un miradoiro espectacular desde o cal amosan os Albos, o Pico de los Cabrones e Torrecerredo no Macizo Central; os Traviesos, a Torre de la Canal Parda, Peña Santa de Enol e Peña Santa de Castela no Occidente. Por debaixo de Picos temos Covadonga, e os cordais costeiros de o Sueve, Monfrechu, o Cuera e os vales do Sella  e Güeña así como a cidade de Cangas de Onís.

            No miradoiro  comeza a baixada en dirección sur deixando a aldea de Següenco á nosa dereita para coller unha pista da que parten numerosos ramais, chegando a un punto, Collado de Entrepeñas (555 m). seguimos ata un lugar onde se atopa unha cadra en ruínas, La Pandiella (450 m). Podemos ver de fronte a aldea de Vis mentres camiñamos por prados que dan paso a un bosque de castiñeiros centenarios mentres o camiño baixa en busca do regato que seguiremos ata o río Dobra.

            Así chegamos ao fermoso lugar da Hoya de San Vicente, onde podemos darnos un baño e logo, por sendeiro totalmente chan seguir ata Puente Dobra.